Sentimentos
Na materia de Técnicas de Comunicación Escrita, impartida pola mestra Susana Domínguez, encargousenos como práctica número dous facer a descripción dun sentimento. Como me parece que me quedou bastante ben quero expoñela no meu blog para que os que queiran a poidan ler. Espero que vos guste, e de paso rétovos a que adiviñedes de qué sentimento falo. Ahí vos vai:
“Estás no máis alto, na nonaxésima terceira planta dun dos edificios máis altos do mundo. Desde alí todo se percibe cunha perspectiva moi distinta. Non sentes turbación nin angustia, nin tan sequera medo. Pechas os ollos e mergúllaste nun mundo de recordos que xa pensabas esquecidos, un puzzle feito con miles de anacos da túa vida. O aroma a canela das galletas da avoa; a pelexa con teu irmán polo derradeiro anaco de pastel; aquela boneca que os Reis Magos che trouxeron de Oriente; o primeiro bofetón que teu pai que deu; aquela discusión coa túa mellor amiga por culpa dun rapaz; o primeiro bico; aquel mozo de ollos verdes que foi o teu amor de verán; a mestra que tanto che axudou nos teus estudios; as bágoas que derramaches por un amor imposible...Todo iso e moito máis perdura no teu maxín, e dáste conta de que te estás facendo vello e que aqueles tempos xa nunca volverán”.

Adhara dijo
Nostalgia?
21 Marzo 2006 | 10:42 PM